sábado, 1 de xuño de 2019

Revista Especializada

BACHtoMusic

Todo tipo de instrumentos e lugares onde traballar e seguir medrando como músico


Reserva aula de ensaio ou estudo de grabación e compra instrumentos e partituras no teu móbil con esta aplicación.
Se buscas unha app para reservar unha aula de ensaio ou un estudo de grabación ou para comprar instrumentos e partituras, BACHtoMusic é a túa aplicación.
Os teléfonos móbiles intelixentes transformáronse nunha ferramenta con moitas posibilidades nestes últimos anos. A posibilidade de ter conexión a Internet dende calquera lugar permite contactar co noso negocio de instrumentos e partituras en calquera momento. A reserva de aulas de ensaio, do estudo de grabación,e a compra de instrumentos musicais é moito máis doado, pois a nosa app permite realizar estas tarefas a distancia sen presencia física no local, aforrando o desplazamento e o tempo que se invertiría nel.
Ter clase cada día provoca que o intento de aproveitar para estudar música se vexa frustrado polo tempo invertido en ter que pasar pola tenda de música varias veces antes de obter as partituras desexadas, xa que ás veces é necesario comprobar se teñen as versións concretas das obras, encargalas e despois recollelas. Tampouco é agradable tentar practicar un instrumento na casa, onde os veciños se queixan ou onde non se dispón de piano por non ser este o instrumento principal; ir a estudos para comprobar que están ocupados só é unha pérda de tempo.
Isto podese evitar encargando todo por Internet, aproveitando o avance tecnolóxico dos teléfonos móbiles intelixentes. Así motivado, BACHtoMusic foi creado como aplicación dun negocio simulado que permite o mencionado anteriormente: comprar, e reservar espazos de estudo instrumental.
O lema ou slogan é "Onde as palabras fallan, a música fala", de Hans Christian Andersen, xa que representa á perfección a nosa ideoloxía sobre a importancia da ensinanza de coñecementos musicais no proceso de aprendizaxe dos rapaces, de maneira que sexan capaces de comunicarse con quen desexen, pois a música lles aportará unha linguaxe coñecida a nivel universal .
Para solucionar a necesidade inicial, a nosa aplicación é sinxela pero eficaz:
A obtención de partituras e de instrumentos pode ser levada a cabo dende a nosa App dende o apartado de Compra Online, a cal proporciona ós clientes obras transcritas de tódolos compositores por orde alfabética, e para instrumentos específicos ou temáticas, de maneira que non dé lugar a confusión á hora de atopalas como podería ser ao buscar as de compositores pertencentes a un determinado período, polo descoñecemento deste dato.

Por outra banda, os instrumentos atópanse na outra opción, que accede ás diversas familias instrumentais, as cales dispoñen de varios modelos a escoller de cada.
 No outro apartado da páxina principal, inclúese tamén a posibilidade de reservar as aulas de ensaio ou os estudos de grabación para facer gozar ós clientes dun espazo íntimo e insonorizado para practicar ou grabar algunha composición que teñan creado e así desfrutar dunha privacidade inigualable que non é doada de obter nas escolas de música ou nos conservatorios. Isto é un trazo distintivo que constitúe unha característica de especial atracción para os clientes.
 Ademais, cada vez que se realice calquera destas accións, se enviará un correo coa información necesaria a cubrir, especificando se se desexa mercar ou alugar calquera produto.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Vídeo promocional de nuestra APP

¡Hola amantes del baloncesto! En esta ocasión os traigo el vídeo promocional de nuestra App  de    una duración menor a 140 segundos por s...